O xulgado deixa en liberdade os tres detidos no desaloxo de Loureiro Crespo
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
O xuíz de instrución número 1 de Pontevedra deixou en liberdade os tres cidadáns que foron detidos durante o desaloxo que se producía durante a mañá deste martes 12 no 3º B do número 71 da rúa Loureiro Crespo.
A inquilina é de orixe colombiana e tras ser detida tivo que ser atendida por un médico na comisaría xa que se encontraba moi alterada e nerviosa. Esta mañá foi trasladada ao Hospital Montecelo para que fose observada con máis detalle no centro hospitalario.
Un segundo detido, tamén de orixe colombiana, conta cunha orde de expulsión de España ao carecer de papeis. O terceiro detido é de nacionalidade cubana. Os tres pasaron a noite nos calabozos da comisaría e pola tarde tiveron que prestar declaración no xulgado de garda.
Estes tres cidadáns que se encontraban no piso presentaran oposición á policía lanzándolles obxectos, pintura e esgrimindo un coitelo de curtar xamón cando pretendían desaloxalos por orde xudicial tras máis de dous anos sen pagar o aluguer á propietaria.