"Con el teléfono que robó no podrá hacer muchas llamadas"
Por Natalia Puga
"Después de tanto tiempo ya pensé que no le iban a coger". A traballadora dunha tenda de telefonía da rúa Cobián Roffignac de Pontevedra refírese ao ladrón que en novembro de 2012 roubou de madrugada no seu establecemento e que foi localizado máis de tres meses despois como autor de tres delitos.
No caso do seu establecemento, o detido levouse un teléfono co que non poderá facer moitas chamadas. Segundo relata a propia traballadora, foi ela a que descubriu o roubo. Chegou a primeira hora da mañá e atopouse con que alguén rompera o cristal do escaparate, a vidrieira dun expositor interior e leváronse o aparello que lograron coller coa man. Con tan mala pata para o ladrón que pensaba que se levaba un Sony Xperia e o que colleu foi unha maqueta dese móbil sen ningún tipo de valor.
Esa mesma noite, a do 27 de novembro, o mesmo ladrón supuestamente utilizou o mesmo método para roubar nunha tenda de informática da rúa San Antoniño. O seu propietario explica que ten alarma no establecemento, pero naquel momento o sistema que utilizaba tan só tiña sensor interior e non detectou ao ladrón debido ao método utilizado.
"Hizo un agujero del tamaño de un balón de fútbol en el escaparate, metió la mano y cogió todo lo que pudo. Sabia muy bien lo que se llevaba porque cogió una tableta, dos discos duros externos y un 'pendrive' de los caros, pero al lado había dos ratones de los baratos y no se lles llevó", relata este comerciante. A tableta está valorada en 126,04 euros, o 'pendrive' en 22,86 euros e as dúas unidades de disco duro externo en 61,06 euros cada un. Un botín de 271,02 euros.
Cando chegou pola mañá descubriu o panorama, sacoulle fotos e denunciou o roubo na Comisaría da Policía Nacional. "Vino la Policía Científica y tomaron huellas, pero pensé que no habían conseguido nada. Me sorprende que lo hayan cogido, pero me alegro mucho. Aunque no recupere nada, me alegro", relata. Ademais, este roubo serviulle para cambiar o sistema de alarmas do seu negocio: "nunca me había pasado y pensé que estaba seguro, pero ahora ya tengo también sensor en el escaparate. Esto es como todo, hasta que te pasa no aprendes".
"Ese día también robaron en una tienda de teléfonos. ¿Fue el mismo?", pregunta o comerciante. Segundo as investigacións policiais, a resposta é positiva. O responsable destes dous delitos cometidos a mesma noite co mesmo modus operandi é supuestamente un mozo de 22 anos veciño de Pontevedra con antecedentes policiais. A Policía Nacional detívoo o 5 de marzo. Unha vez en dependencias policiais, tramitouse o correspondente atestado policial e recoñeceu os feitos.
Entre os roubos que recoñece está un terceiro supuestamente cometido o 20 de decembro noutra tenda de telefonía. Neste caso, si se levou un móbil máis útil que a maqueta do Sony Xperia. En concreto, un teléfono valorado en 420 euros que colleu tras fracturar a cristaleira dun dos escaparates da tenda. Este aparello logrou ser recuperado e entregado á encargada do local, non como no caso dos outros dous roubos, nos que o botín se esfumou antes de que se acabase a investigación.