Un mozo detido polo furto nas oficinas dunha nave
Por Redacción
Un mozo de 20 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun furto no interior das oficinas dunha nave de 745 euros.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, o roubo tivo lugar na tarde do día 24 de febreiro. O propietario observou como o interior da oficina estaba totalmente revolto e subtraeran do interior dun caixón na oficina do local de 745 euros.
As pescudas levadas a cabo polos axentes permitiron identificar e localizar ao presunto autor do roubo no local, que foi detido o día 21 de marzo. No momento en que os axentes policiais ían arrestalo tentou darse á fuga resistíndose á detención.
Ao detido cónstanlle varios antecedentes policiais por feitos de similares características. Entre outras, o día 5 de setembro do ano pasado foi detido por un roubo con forza no interior doutra oficina onde tras forzar a porta dun armario subtraeu un teléfono móbil, unha carteira con documentación e 55 euros en efectivo.
Ademais, o día 22 de setembro de 2016 foi detido novamente tras acceder a unha barbería e subtraer 420 euros, 250 euros gardados no bolso da propietaria e outros 170 da caixa rexistradora, mentres esta atopábase dobrando unhas toallas.
Tamén foi identificado en varias ocasións como presunto autor doutros feitos delituosos.