O atentado de Londres tamén doe en Pontevedra
Por Mónica Patxot
Pontevedra durante o mediodía deste xoves condenaba o atentado de Londres que se producía durante a xornada do mércores no que falecían catro persoas, entre as que se atopaba unha muller con familia en Betanzos.
Na Subdelegación do Goberno, un grupo de funcionarios con Ana Ortiz, a subdelegada do Goberno á cabeza, concentrábase para trasladar o pésame ás familias dos falecidos e mostrar a súa dor polos danos causados neste atentado.
Ortiz quixo referirse tamén á necesidade de evitar que proliferen os bulos en redes sociais sobre situacións de alarma. Sinalaba neste sentido que continuamos no nivel 4 de alerta, establecido desde o ano 2015. Desde aquel momento detivéronse a 200 yihadstas e evitáronse actos terroristas, polo que as forzas de seguridade están a realizar o seu traballo en colaboración coa policía doutros países.
Ante esta situación, reclamou aos cidadáns que eviten crear situacións de alerta inncesarias, porque os bulos non benefician a ninguén. "Ya bastante hay con lo que hay", sentenciou.
Tamén ante o Concello de Pontevedra concentrábanse tanto traballadores como membros das corporacións do goberno local e da Deputación Provincial.