Investigan un veciño da Lama por deixar morrer de fame e en pésimas condicións hixiénicas dous cabalos
Por Redacción
A Garda Civil investiga un veciño do municipio da Lama por un suposto delito de malos tratos animais por deixar morrer por inanición dous cabalos, aos que axentes do Seprona atoparon mortos semienterrados nun cortello alagado de xurros e estiércol.
Unha vez que comprobaron as "pésimas circunstancias hixiénico sanitarias" do cortello onde se atoparon os animais, e tendo en conta que o seu propietario recoñeceu que faleceran por inanición, o Seprona citou a esta persoa en calidade de investigado como suposto autor dun delito de malos tratos animais.
As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Garda de Pontevedra e, ademais, o Seprona denunciou a este veciño da Lama ante a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia por unha infracción administrativa en materia de sanidade animal porque non tiña o poldro identificado individualmente co prevido microchip e tampouco figuraba no rexistro da explotación (REGA).
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pontevedra abriu a investigación a raíz do falecemento de dous cabalos en estrañas circunstancias, pois desde o principio sospeitaron que puidese ser como consecuencia dun imprudente abandono por parte do seu propietario.
No marco das investigacións, unha patrulla desprazouse ao domicilio do dono dos cabalos ata A Lama e e pediulle que lles mostrase os animais que gardaba na cuadra. Nese momento comprobaron o recinto estaba estaba "totalmente alagado de xurros e estiércol" e no seu interior aínda estaban os corpos sen vida dunha egua e un poldro que levaban máis dunha semana mortos e atopábanse semienterrados entre os excrementos.