VÍDEO.- Sarabiada espectacular no municipio de Pontevedra
Por Redacción
Os raios e os tronos convertéronse en protagonistas durante a tarde deste mércores 22 de marzo no municipio de Pontevedra. Ao redor das 18:45 horas a tormenta fixo a súa aparición na cidade con ceos encapotados e cunha espectacular granizada.
Os viandantes que nese momento percorrían as rúas tiveron que protexerse ante a forza con que caía a saraiba, que ata que se derritió deixou algúns espazos cunha cor branca, nada habitual en Pontevedra e, sobre todo, no mes de marzo, en plena estación de primavera.
En parroquias como Marcón, as imaxes tamén resultaron sorprendentes, con espazos totalmente cubertos pola saraiba. Segundo os primeiros datos, non se rexistraron incidencias de gravidade.