Os alumnos do Marcos da Portela coñecen o ciclo urbano da auga
Por Redacción
No Día Mundial da Auga, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro delegado do Ciclo da Auga, Raimundo González Carballo visitaron o colexio Marcos da Portela, en Monte Porrreiro, para presenciar unha das charlas do programa Aqualogia, un proxecto educativo para escolares de Primaria que difunde a empresa concesionaria do servizo de auga e saneamento do Concello, Viaqua, nos centros de ensino público e privados de Pontevedra.
O ciclo natural da auga, o ciclo urbano da auga, os procesos de depuración ou a importancia da auga para a saúde son algúns dos conceptos que se traballan cos nenos empregando experimentos e audiovisuais que permiten concienciar aos máis cativos sobre a importancia da auga e o medio
O número de centros que participan nesta edición son 15 e arredor de 550 alumnos. O programa comezou a primeiros de marzo e rematará o día 31.
Durante este tempo participaron en Aqualogia os centros de A Xunqueira I, Froebel, San Benito de Lérez, San Martiño, A Xunqueira II, Cabanas, Sagrado Corazón de Jesús, Álvarez Limeses, Príncipe Felipe e o Marcos da Portela.
O xoves Aqualogia chegará ao CEIP Santo André de Xeve e pechará as súas portas o 31 de marzo no CEIP A Carballeira e no CPR Salvador Moreno.