Instalan un banco corrido nos xardíns de Casto Sampedro
Por Redacción
O ámbito da Ferrería contará moi pronto cun novo punto de encontro. Trátase dun banco corrido que estará instalado no muro de peche que separa os xardíns de Casto Sampedro do Paseo Odriozola, fronte a praza da Ferraría.
A obra que comezou este luns consiste na retirada do peche do muro para substituílo por pedras de 40x40 centímetros, que se revestirán con madeira para que se convertan nun banco corrido en toda a fachada do xardín.
O goberno municipal asegura que esta é unha petición dos usuarios da praza, para non sentarse sobre a pedra do muro que separa o paseo dos xardíns que está fría e, en ocasións, húmida.
Os traballos estarán completados dentro duns días.