Un menor ferido nun atropelo no recinto do colexio Xunqueira I
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un menor resultou ferido na mañá deste mércores tras ser atropelado por un vehículo no interior do recinto escolar do colexio Xunqueira I, na rúa Celso Emilio Ferreiro de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os primeiros en ter coñecemento do accidente foron os responsables de Urxencias Médicas, que alertaron á central.
O persoal sanitario trasladou ao neno a un centro hospitalario e, segundo indicóuselle ao 112, o seu estado non reviste gravidade.
Dende a Xefatura da Policía Local de Pontevedra informaron que o accidente tivo lugar cando un dos vehículos autorizados para aparcar no recinto escolar estaba a maniobrar marcha atrás cando golpeou un neno de seis anos de idade.
O accidente tivo lugar uns minutos antes das nove da mañá.