Ferido un ciclista ao ser atropelado en Cambados
Por Redacción
Un ciclista foi atropelado na tarde deste martes na PO-549 na parroquia cambadesa de Corbillón.
Segundo informaron desde a Agrupación de Protección Civil de Cambados o ferido é un home de 46 anos, C.M.Z. veciño de Vilanova. Presentaba diversos cortes e dor cervical e lumbar. Pola súa banda o condutor da furgoneta, J.C.B.R. de 63 anos, resultou ileso.
Estas mesmas fontes explicaron como causa máis probable do sinistro un cambio de dirección da furgoneta.
Ata o lugar do accidente, na avenida de Vilagarcía, acudiron unha ambulancia do 061, a Policía Local de Cambados, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Cambados.