CCOO denuncia o despedimento do presidente do comité de empresa de Adecco en Pontevedra
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras denuncia a "represión" da compañía multiservizos Adecco Outsourcing ao despedir ao presidente do comité de empresa de Pontevedra como "represalia" contra unha persoa que se significou na mellora das condicións laborais.
CCOO-Servizos explica a través dun comunicado que o afectado, Rafael López, encabezara un proceso de eleccións sindicais que a compañía demorou un ano e agora a compañía procedeu ao seu despedimento baixo o "pretexto" da desaparición do servizo en que traballaba. O sindicato considera que é "estraño" que desaparecera o servizo e veo unha maniobra para poder despedilo por causas obxectivas.
Desde CCOO sementan sospeitas sobre este despedimento porque consideran que desta maneira "se libran" dunha persoa que se significou na loita por dignificar o traballo na empresa propiciando acordos que permitiron "mellorar sensiblemente as condicións laborais".
O sindicato "rexeita" publicamente este despedimento como un "atropelo" contra o afectado e contra as persoas que o elixiron como o seu representante e anuncia que está a traballar "en distintas liñas" para procurar unha solución.