A asociación Ve-la Luz esixe activar 'alerta de xénero' en cinco provincias, entre elas Pontevedra
Por Redacción
A Asociación Galega para a Defensa das Vítimas de Violencia de Xénero Ve-la luz insistiu este martes na necesidade de impulsar unha 'alerta de xénero' que sinale as zonas que permiten un contexto de violencia, deixando impune aos agresores e esixiu xa que se declare en cinco provincias españolas, entre elas, Pontevedra.
Esta petición baséase en que, tras a análise dos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), concluíron que durante o ano 2016 en España arquiváronse de media o 41% das denuncias presentadas, chegando a marcar fitos históricos polos seus niveis altos en sobresemento. En Pontevedra rexistrouse o índice máis elevado, do 79,1%, pero tamén alertan da situación doutras catro provincias, Cantabria (78,5%), Palencia (78,5), Salamanca (72,2%) e Ávila (68,5%).
Á vista dos datos que manexa este colectivo, conclúen que 8 de cada 100 vítimas atoparon o desamparo e critican o "pouco ou nulo" respaldo xudicial que están a recibir as vítimas, que están a ser "dobremente victimizadas".
Para Ve-la luz, é de extrema necesidade impulsar esa 'alerta de xénero' e imprescindible formar e sensibilizar de maneira urxente aos operadores xudiciais, así como instar ao poder lexislativo para que harmonice a lexislatura con perspectiva de xénero.
A presidenta do colectivo, Gloria Vázquez, cualifica de "intransitable" e "angosta" a denominada senda de 'Hai saída' na que insisten as campañas gobernamentais e, para soster as súas acusacións, engade outros datos como o feito de que durante o ano 2016 as denuncias subiron un 10%, pero as renuncias creceron un 12,5%. Mentres tanto, o número de condenas non supero 11%, todo segundo datos do CGPJ.