Ábrese o prazo para a contratación da subministración eléctrica para Pontevedra
Por Redacción
A partir deste luns 20 ábrese un prazo de 13 días para que aquelas empresas que estean interesadas en presentarse á contratación da subministración eléctrica no Concello de Pontevedra. A Xunta de Goberno local aprobou o proceso de contratación por un importe máximo de 1.598.000 euros e un contrato dun ano de duración, prorrogable anualmente ata un máximo de catro.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, lembraba este luns que toda a enerxía fornecida terá que estar acreditada como "verde", é dicir, terán que ser renovables como a eólica ou a solar e a de co-xeración de alta eficiencia como a de biomasa. O Concello espera que o próximo 1 de maio poida entrar en vigor.
Esta enerxía vai destinada á iluminación pública, das escolas e centros de ensino municipais, Pazo da Cultura e pavillóns deportivos.
Precisamente o Pazo da Cultura é o espazo que consome máis enerxía eléctrica cunha cifra que se sitúa en 447.678 kw ao ano, seguido polas rúas Andrés Muruais (247.000 kw/ano), Serra (244.000 kw/ano) e Gutiérrez Mellado (197.000 kw/ano).