Os afectados polo PXOM de Vilaboa esixen ao Concello e á Xunta "que non demoren máis a tramitación"
Por Oskar Viéitez
Un grupo de veciños de Vilaboa acudirán este martes ao rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia, co propósito de rexistrar máis dun millar de sinaturas solicitando tanto á Xunta como ao Concello de Vilaboa "que non demoren máis a tramitación" do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Actualmente o PXOM está na Xunta de Galicia "pendente de que ésta emita informe".
Segundo lles trasladou aos veciños o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, todos os informes e documentos están actualmente a disposición da Xunta de Galicia a cal deberá emitir dictame para a aprobación definitiva no concello antes do 4 de abril.
Mentras non se resolve esta situación varias familias do municipio están pendentes de xuízo por delitos urbanísticos, ou con expediente de derribo abertos na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
Os afectados queren trasladar o seu malestar e impaciencia á Xunta polo que acompañando ás sinaturas enviarán un escrito no que solicitan "que se axilice e aprobe o PXOM de Vilaboa como única solución para un problema veciñal que, hoxe en día, esta paralizando o desenvolvemento do concello e arruinando a vida de moitas familias".
Relacionadas:
-
A Xunta contesta aos veciños de Vilaboa: as ordes de derrubamento están xustificadas
Por Redacción |
-
Reclaman ante a Xunta axilidade na tramitación do PXOM de Vilaboa
Por Redacción |
-
A Xunta rexeita o PXOM de Vilaboa e trasládalle as deficiencias que debe corrixir
Por Redacción |
-
Veciños de Vilaboa reclaman a aprobación do PXOM
Por Redacción |
-
Chaman aos veciños de Vilaboa a que traian as súas potas, bombos, chifres,... "e que nos escoiten nos xulgados"
Por Redacción |
-
Postemirón e A Graña reclaman a urxente tramitación do Plan Xeral para legalizar as súas casas
Por Oskar Viéitez |