A Subdelegación de Defensa en Pontevedra abre o prazo para alistarse
Por Redacción
O Ministerio de Defensa convoca un novo ciclo do proceso selectivo para cubrir un total de 2.000 prazas para o ingreso como militar profesional da Escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, o que supón un incremento de 500 prazas respecto ao último ciclo de selección do ano anterior.
Estas prazas distribúense entre o Exército de Terra (1.500), a Armada (270) e o Exército do Aire (230). Das prazas para o Exército de Terra, os estranxeiros de países cos que se ten un convenio de colaboración, poden optar a 43 en concorrencia cos nacionais.
Desas prazas, en Galicia, o Exército de Terra convoca para unidades da Brigada de Infantería Lixeira "Galicia VII", 50 en Figueirido e 70 en Siero (Asturias) e a Armada convoca 45 prazas para buques e unidades da zona norte (Ferrol, Tui, Marín, San Sebastián, Bilbao).
Por iso, iníciase na área de Recrutamento da Subdelegación de Defensa en Pontevedra, o proceso de selección polo sistema de concurso - oposición, para cubrir as citadas prazas para nacionais e estranxeiros.
Na convocatoria recóllense as condicións para poder participar no proceso, entre as que cabe destacar:
- Ter cumpridos 18 anos e non superar a idade máxima de 29 anos o día de incorporación ao centro de formación militar correspondente.
- Estar en posesión dos niveis de estudos ou da titulación esixida que como mínimo será o de Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
Para participar no proceso selectivo é necesario solicitar cita previa. Dita solicitude poderase realizar persoalmente ou por correo certificado nas Áreas de Recrutamento, oficinas delegadas ou oficinas ou puntos de información dependentes das subdelegacións de Defensa (a de Pontevedra, en Paseo de Cervantes 3), por vía telefónica no número 902432100 ou a través da páxina web do Ministerio de Defensa www.reclutamiento.defensa.gob.es, onde se atopa tamén toda a información do proceso.
O prazo para solicitar cita para participar no proceso vai do 19 de marzo ao 6 de abril de 2017.
Relacionadas:
-
As Forzas Armadas buscan novos recrutas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Defensa cobre en Pontevedra dúas prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual
Por Redacción |
-
Defensa busca recrutas entre o alumnado pontevedrés
Por Redacción |
-
Así se recrutan novos soldados
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |