Patxi López, parada pontevedresa para defender a integración no PSOE: "Si seguimos divididos, perderemos todos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado
O ex lehendakari e ex presidente do Congreso, Patxi López, preséntase como candidato ao proceso de primarias socialistas coa integración no horizonte. Este domingo, antes dun encontro cun centenar de militantes en Pontevedra, puxo a mirada no día seguinte da designación do novo secretario xeral do PSOE e apostou por que, saia quen saia dos tres candidatos, abra "un espacio y un tiempo para buscar la integración".
No seu caso, se sae elixido, o primeiro que fará será chamar aos outros candidatos para "ver cómo buscamos esa integración" para empezar un proxecto socialista que integre propostas, vontades e modelos e que teña "una dirección compartida y un proyecto colectivo". No caso de que os elixidos sexan Susana Diaz ou Pedro Sánchez, seguirá no partido "para ayudar", chamará a quen designase a militancia e poñerase á súa disposición.
"Que la militancia elija pero que luego abramos el tiempo para integrar y para sumar", pediu ao resto de candidatos antes do segundo dos seus actos desta fin de semana en Galicia. Tras pasar por Monforte, elixiu a cidade do Lérez e un acto con militantes no Café Moderno no que buscaba o "contacto directo" cos afiliados cos militantes para "escuchar" as súas propostas, diferentes modelos e iniciativas.
Patxi López chegou acompañado polo deputado no Congreso Guillermo Meijón, a deputada autonómica Patricia Vilán e o concelleiro pontevedrés Iván Puentes e logrou apoios de figuras reconocibles do partido como o ex delegado do Goberno, Antón Louro; ou o ex secretario provincial do PSOE, Modesto Pose.
Ademais, desprazáronse a saudalo ao Café Moderno outros dirixentes socialistas que esta semana xa deron o seu apoio público a outro dos candidatos ao proceso de primarias, Pedro Sánchez, como o secretario local pontevedrés, Agustín Fernández (como anfitrión ao ser o acto na súa cidade), ou o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Diaz.
No seu paso por Pontevedra, López quixo facer partícipes desa aposta pola integración a todas as sensibilidades existentes na actualidade no PSOE, pois cre que o fundamental é entender que "un partido en el que seguimos divididos da igual quién gane las primarias, porque perderemos todos".
"Un PSOE en donde sigamos gritándonos entre nosotros, no nos va a escuchar nadie fuera", lamentou e tendeu a man a todos os militantes, apoieno ou non, pois asgura que non vai xogar a clasificar aos militantes en bos ou malos, en vermellos ou azuis, esquerdas e dereita. Facelo, na súa opinión, propiciaría "una nueva fractura" e el quere un partido que se volva a xuntar e sexa "la referencia de la izquierda que necesita este país".
A preguntas dos xornalistas, tamén se referiu ás críticas realizadas polo equipo de Pedro Sánchez á parcialidade da xestora federal e cuestionounas porque considera que "no podemos estar jugando a crear dudas o sospechas" sobre o procedemento. Ademais, defendeu o labor dos traballadores de Ferraz que se encargan do censo, pois "levan toda a vida nisto" e non cre que se pode dubidar da súa imparcialidade e da súa profesionalidade.
Relacionadas:
-
Pedro Sánchez gaña as primarias do PSOE: en Pontevedra, case dobra a Susana Díaz
Por Alejandro Espiño |
-
Eduardo Madina, 'embaixador' de Susana Díaz en Pontevedra: "Yo solo contemplo que gane ella"
Por Alejandro Espiño & Alba Sotelo |
-
Pedro Sánchez recruece en Pontevedra, a cidade de Rajoy, as súas críticas á corrupción no PP
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Patxi López explicará o domingo en Pontevedra o seu proxecto para o PSOE
Por Redacción |
-
Un Pedro Sánchez "muy animado" polas primarias do PSOE dáse un baño de masas en Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |