Cerdedo-Cotobade porá en marcha unha brigada rural de obras
Por Redacción
Unha brigada rural ocuparase a partir de agora do mantemento e mellora de servizos, vías, edificios e instalacións públicas do Concello de Cerdedo-Cotobade. Trátase dun grupo de traballo de 22 persoas que entrará en funcionamiento nas vindeiras semanas e actuará durante oito meses, ata finais do ano 2017, con cargo a un programa financiado pola Deputación de Pontevedra.
O obxectivo do goberno local é que deixen todos os servizos públicos en perfectas condicións, de modo que se programou unha actuación integral en todo o termo municipal que chegará a vías municipais, edificios públicos e centros sociais, campos da festa e servizos de interese xeral.
Esta nova brigada actuará baixo a coordinación da brigada de operarios municipal e contará con persoal de case todas as áreas, como albañiles, electricistas, pintores, peóns e condutores, segundo informou o Concello a través dun comunicado.
Os 22 integrantes desta nova brigada estarán contratados a xornada completa e cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional (SMI). O Concello vai comezar de inmediato o procedemento de selección do persoal, que, segundo as bases da convocatoria, estará conformado por persoas desempregadas que sexan veciñas do municipio e estean incluidas nunha relación que acaba de remitir a oficina do Inem de Pontevedra.
Os presidente e vicepresidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela e José Balseiros, explicaron a través dun comunicado de prensa que esta iniciativa "é unha boa mostra da nosa firme aposta polo emprego, axudando a parados do noso territorio a insertarse no mercado laboral por medio destes plans municipais".