Dous ciclistas feridos nun accidente en Ponte Caldelas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un accidente de tráfico deixou na mañá deste sábado dous ciclistas feridos nunha estrada en Ponte Caldelas, segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112.
Segundo puido constatar a Garda Civil de Tráfico, os ciclistas invadiron o carril de circulación e chocaron contra un turismo que circulaba polo mesmo. Ambos os dous sufriron feridas de carácter leve.
A propia condutora do turismo contactou co 112 Galicia para contar o accidente. O persoal da central de emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.
O sinistro produciuse sobre as 12.10 horas na estrada PO-234, que une a localidade con Aguasantas, á altura de Laxoso de Abaixo.