Un traballador, ferido ao caer nun estaleiro de Lourizán
Por Redacción
Un operario resultaba ferido durante a tarde deste venres ao sufrir unha caída dunha escaleira nun estaleiro situado nos Praceres (Pontevedra).
A vítima atopábase traballando nun barco varado cando perdía o equilibrio e precipitábase caendo ao chan. O home foi evacuado nunha ambulancia a un centro sanitario para comprobar a gravidade das feridas.
O Servizo de Emerxencias de 112 Galicia tivo constancia do accidente rexistrado na parroquia de Lourizán ás 16.20 da tarde, a través dunha alerta de Urxencias Médicas.
Desde o Centro de Atención avisábase a Protección Civil e á Policía Nacional. Tamén se informaba a Portos de Galicia e á Autoridade Portuaria de Marín.