O PP di que o 2016 foi "o peor ano económico para Pontevedra dos últimos 17"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra denunciou "un novo capítulo da completa falta de xestión" do goberno local do BNG.
Segundo os populares o préstamo que figuraba nos orzamentos do ano 2016 destinado a financiar inversións nese mesmo período, "acabou na súa meirande parte formando parte do remanente de tesourería do Concello de Pontevedra".
Así o denunciaron este venres os populares que o consideran "unha clara mostra da incapacidade absoluta do BNG á hora de xestionar os cartos de todos os pontevedreses". O concelleiro popular, César Abal, destacou este venres que "esta é quizais a meirande mostra da caótica xestión na que está sumida o noso concello".
"O 2016 para o BNG é o peor ano con diferenza dos 17 que leva no goberno de Pontevedra: un ano perdido, con todos os contratos que tiñan que elaborar prorrogados, coas obras paralizadas ou sen facer e cun superávit histórico de 5.580.490,63 euros", manifestou o edil popular.
"O goberno do BNG regala os cartos de todos os veciños de Pontevedra aos bancos grazas á brillante xestión do concelleiro nacionalista Raimundo González", ironizou Abal.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira cre que "o PSOE é prisioneiro da connivencia que tivo no pasado co BNG"
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas esixen o cesamento de Raimundo González como concelleiro de Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello prorrogará por novena vez o contrato das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Prorrogan o contrato do lixo en Pontevedra, á espera de concretar o plan de compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prorroga o contrato de Viaqua para o servizo da auga
Por Oskar Viéitez |