Ponte Caldelas emprega os sendeiros de andainas para buscar novos veciños
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas busca aumentar a poboación. E faino utilizando unha fórmula orixinal, a través dunha campaña na que se utiliza unha imaxe dos pasos da Fraga, a estrutura de etnografía popular que cruza o río Verdugo no eXtremo leste da ruta de sendeirismo que se inicia na praia da Calzada, agora coñecida como o Sendeiro Azul.
"Paso a paso somos máis" é o lema desta iniciativa municipal que se centra nunha fotografía da ruta que se converteu nunha icona da localidade ao ser empregada por decenas de persoas durante as fins de semana, segundo apunta o goberno liderado por Andrés Díaz.
En 2016, o padrón de Ponte Caldelas aumentaba en 33 novos veciños alcanzando a cifra de 5.573 habitantes. En porcentaxe foi o que aumentou a poboación nun maior grao dentro da zona centro da provincia, alcanzando un 0,60%.
DANOS NO SENDEIRO AZUL
Por outra banda, o Concello ordenou a un empresario madeireiro que elimine as pegadas aparecidas no sendeiro azul debido ao paso de maquinaria despois dunha talla de árbores. A actuación, autorizada por Augas de Galicia, causou danos que foron denunciados pola oposición.
Relacionadas:
-
Un cento de persoas estrea o formato de tarde do programa de andainas Patea Tapea
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas sae a patear
Por Redacción |
-
Que sucede co Sendeiro Azul en Ponte Caldelas?
Por Redacción |
-
Sendeiros en Rede, a aposta de Ponte Caldelas polo "turismo verde"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas lanza unha campaña de empadroamento
Por Redacción |