As praias de Marín prepáranse para o sol de primavera
Por Redacción
As brigadas municipais das áreas de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Marín traballan durante estes días na limpeza da contorna ás praias mellorando as vías de acceso aos areais. Desta forma, están a realizar o seu labor en puntos como Mogor, Portocelo ou Aguete.
Segundo os responsables municipais, numerosos visitantes están a achegarse a estas zonas de baño durante estes días de sol aínda na estación de inverno. O obxectivo desde o goberno de María Ramallo é que as praias se atopen en perfectas condicións en Semana Santa, momento do ano en que se rexistra unha proliferación de turistas que fan uso dos areais.
En todo caso, desde o goberno local aclaran que mesmo durante o inverno as sendas próximas ás praias son utilizadas por numerosos veciños como ruta de andainas e de lecer.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos de roza na zona de praias de Marín
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere praias "impecables" para Semana Santa
Por Oskar Viéitez |
-
Aguete prepárase para cando chegue o bo tempo
Por Redacción |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |