Un home apuñalado nun enfrontamento entre dous mariscadores na Illa de Arousa
Por Redacción
Un home resultou ferido de arma branca este xoves durante unha enfrontamento entre dous mariscadores rexistrado no peirao do Xufre, na Illa de Arousa.
Todo ocorreu sobre as 13.30 horas. O home foi apuñalado e, tras recibir unha primeira asistencia no lugar do suceso e nun centro de saúde, foi trasladado ao Hospital do Salnés.
A Garda Civil abriu unha investigación para aclarar as circunstancias nas que se produciu a agresión, presuntamente entre dous mariscadores que estaban a discutir.
En canto ao segundo implicado abandonou o lugar tras a agresión.
Relacionadas:
-
Deteñen un mariscador por apuñalar a outro no peirao da Illa
Por Natalia Puga | Creada e actualizada