Retiran da praia de Foxos uns aparellos que arrastrara o mar e se enterraran na area
Por Redacción
Na praia de Foxos, en Sanxenxo, apareceu un aparello de grandes dimensións que centra a atención de todos os que se achegan. Pero por pouco tempo. A Concellería de Medio Ambiente procederá á súa retirada.
O aparello está semi enterrado na area, quedando visible unha mínima parte do volume, o que imposibilitou a utilización do tractor para a súa retirada.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, o aparello foi arrastrado ata a praia polas correntes e as mareas e posiblemente fose abandonado en alta mar por unha embarcación pesqueira.
Unha brigada de traballadores municipais centrarase este xoves na retirada deste cúmulo de rede da area, garantindo que a praia luza un aspecto seguro.