As Rias Baixas despiden o inverno con temperaturas elevadas
O mércores pola tarde será o día máis caloroso da semana con temperaturas que alcanzarán os 27 graos, sen embargo, as temperaturas máximas irán decaendo a medida que se achegue a fin de semana. As mínimas manteranse nos 10 graos de media.
Segundo os datos presentados por Meteogalicia, debido á influencia das altas presións centradas en Francia, durante a semana, prevense ceos poucos nubrados, mesmo despexados, para os próximos días. Isto permitirá aos cidadáns das Rias Baixas gozar dunhas temperaturas agradables ao longo da semana. Por outra banda, o vento soprará suave polo leste e con carácter e intervalos fortes na zona norte.
O sábado nas Rias Baixas e en toda Galicia veranse influenciados polo anticiclón dos Azores, o que producirá un día de tempo estable e agradable debido á falta de precipitacións. O ceo estará parcialmente nubrado, entrando certas nubes polo litoral norte pola mañá e a noite. Coa chegada da fin de semana comezará o descenso das temperaturas ata máximas de 21 graos, as mínimas manteranse estables pero continuarase cun ambiente seco e asollado, o que permitirá os cidadans aproveitar os espazos o aire libre.
Con todo, os efectos do anticiclón faranse visibles a partir do luns con ventos que soprarán desde o oeste provocando a acumulación de nubes e con elas o aumento das probabilidades de precipitacións para a próxima semana.