A Plataforma Veciñal Sanxenxo pide a paralización das obras da senda peonil da Lanzada
Por Oskar Viéitez
A Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo xunto con varios colectivos aseguran estar "perplexos coa pasividade" das administracións ante a "desfeita" que segundo dín estase a facer nas obras da asenda peonil e ciclista da PO-308 no entorno do Con do Cormorán, unha zona protexida da Lanzada.
A plataforma sinala nomeadamente á empresa encargada de facer o estudo medio ambiental e que se responsabiliza de facer un seguimento a pé de obra. Din que nesta actuación "non se respectaron as formacións graníticas naturais" deste entorno e lembran que a día de hoxe "se está a solicitar protección" para O Con do Cormorán "xa que se sospeita que poida ser os restos dun dolmen de corredor".
Esta plataforma veciñan solicitoulle á empresa copia dos seus informes de inspección xa que entenden que "as obras realizadas non se corresponden co proxecto de licitación, nin facilitan a salvagarda nin a potenciación da calidade ambiental do espacio natural Red Natura 2000: Complexo Ons - O Grove, formaciones morfolóxicas, vexetación, recursos hídricos, etc. que corresponde a este lugar".
Na súa denuncia engaden que a día de hoxe, as dunas que están nas inmediacións do Con de Arbón "están sendo usadas de zona de almacenaxe de escombro cando non está reflexado no proxecto tal uso, así como de aparcadorio de maquinaria pesada".
Durante estas dúas últimas semanas membros desta plataforma puxéronse en contacto coa Dirección de Patrimonio Natural, co Servizo de Arquitectura e Etnografía, a Concellería de Medio Ambiente e a de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, a xefa do servizo de Costas de Pontevedra, e a propia empresa Ambiotec, para informar destas "irregularidades" e tamén "solicitar a paralización das obras neste tramo" mentras non se tomen as medidas de salvagarda, así como un novo estudo de impacto medio ambiental "despois da nefasta xestión nunha zona de tan alto valor natural e paisaxístico".
Ante o "pouco ou nulo interés que mostraron tanto os anteriores gobernos do Concello de Sanxenxo como o que está a mostrar o actual, estamos tentando poñernos en contacto con persoas especializadas en megalitismo coa finalidade de facer un estudo de campo do conxunto granítico do Con de Arbón".
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez di que a senda entre Soutullo e Major estará rematada antes do verán
Por Redacción |
-
A conselleira aclara que as obras da senda peonil non afectarán ao Con do Cormorán
Por Oskar Viéitez |
-
A Lanzada proba que 600 anos antes dos romanos "xa éramos unha civilización avanzada"
Por Alejandro Espiño |
-
Localizan pezas de cerámica de luxo no castro da Lanzada
Por Redacción |