Laureano Oubiña sae de prisión tras recibir o terceiro grao penitenciario
Por Redacción
Pouco despois das nove da mañá deste luns 13 de marzo Laureano Oubiña abandonou o cárcere. Despois de que a Audiencia Nacional lle concedera o terceiro grado penitenciario, o narcotraficante galego cruzou a porta do centro penitenciario de de Navalcarnero (Madrid).
Fíxoo para dirixirse ao Centro de Inserción Social de Alcalá de Henares, onde Oubiña vivirá nun réxime semiabierto.
A súa idade -71 anos-, o seu actual estado de saúde e o seu bo comportamento en prisión foron os principais argumentos esgrimidos polo xuíz para este cambio de réxime, que contou co informe favorable da Fiscalía Antidroga.
Ademais, tamén contou o escaso tempo que lle quedaba por cumprir da súa última condena, catro anos e seis meses por blanqueo de capitais.
A partir de agora, Laureano Oubiña fará traballos sociais. Comezará colaborando coa asociación San Francisco de Asís, na zona de Puerta del Hierro de Madrid. Trátase dunha ONG que axuda a persoas en risco de exclusión social, entre eles toxicómanos.
O xuíz asegura no seu auto que esta actividade "permitiralle coñecer, valorar e asumir as consecuencias da actividade delituosa". Este traballo serviralle, segundo o maxistrado, para entrar en contacto con persoas en situación de marxinalidade e, de forma máis concreta, con aquelas que no seu momento entraron en contacto coa droga.
DECLARACIÓNS A TELECINCO
Tras abandonar a prisión de Navalcarnero, acompañado do capelán do cárcere, Laureano Oubiña concedeu unha entrevista a Telecinco. Nela, o narcotraficante galego deu as grazas "al juez, al gran abogado que tengo y al cura" por lograr o seu terceiro grado e poder abandonar o cárcere madrileño.
Iso si, Oubiña criticou que este terceiro grado tardou "muchísimo" en chegar e cualificou o sistema penitenciario español como "un Estado dentro de otro Estado y un gran negocio para quien lo dirige". Neste sentido, pediu que se analice que se fai co diñeiro que circula dentro das prisións.
"Prefiero ser director de una cárcel que director de un hotel de seis estrellas en plena Castellana", afirmou, tras lamentar que "dentro se está pudriendo mucha gente porque no tiene un abogado".
Relacionadas:
-
O Plan Nacional sobre Drogas poxa propiedades de Oubiña e Pelopincho
Por Oskar Viéitez |
-
Laureano Oubiña: "Si muere mi hijo por culpa de la heroína, machaco al que se la vendió"
Por Oskar Viéitez |
-
O fillastro de Oubiña ratifica un acordo co fiscal para cumprir tres anos de prisión por branqueo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Supremo impide a Laureano Oubiña a acumulación de catro condenas para reducir a súa estancia na cadea
Por Natalia Puga |
-
Saen a poxa o chalé de Laureano Oubiña e o seu terreo a pé de praia en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |