SOS Sanidade Pública esixe participar activamente no proxecto do Gran Montecelo
Por Redacción
A plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra esixe participar activamente no proceso de planificación das obras de ampliación do Hospital Montecelo e, entre as propostas que realizan, piden que o proceso debe realizarse "coa máxima transparencia" e a participación das organizacións sociais e profesionais da área.
O colectivo considera que todas as organizacións deberán ter acceso a toda a información de saúde, servizos e recursos dispoñibles para poder fundamentar unhas propostas racionais de servizos e recursos e que a súa participación debe darse en todas as fases do proceso, estando presentes nas reunións decisorias do proxecto.
A plataforma considera "esencial" o financiamento público, a xestión pública do centro, tanto da parte asistencial como dos servizos complementarios e que o aparcadoiro debe ser público e de acceso gratuíto para a poboación e traballadores do hospital.
Ademais das súas propostas para o Gran Montecelo, tamén comparten as súas ideas sobre o uso do actual Hospital Provincial, do que defenden que deberá ter uso sanitario e non converterse en residencia para maiores. Na súa opinión, deberían situarse alí instalacións como un centro de saúde, as urxencias extrahospitalarias, unha Unidade de Coidados Paliativos, as consultas externas que están en Mollabao, consultas de alta resolución, un centro para saúde da muller, consultas sobre estilos de vida saudables, drogodependencias e saúde mental, rehabilitación e fisioterapia ambulatoria, entre outros.
Ademais, propoñen que se traslade a Escola de Enfermería a Mollabao e que no Provincial se derrube o edificio anexo e nos terreos que queden baleiros se habilite un aparcadoiro para usuarios e traballadores.
Relacionadas:
-
SOS Sanidade Pública pedirá nos plenos a retirada da modificación da Lei Galega de Saúde
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
2.400 enquisas para mellorar o deseño do Gran Montecelo
Por Redacción |
-
As fachadas da Deputación e o Concello reivindican unha sanidade 100% pública
Por Mónica Patxot |
-
A voltas no Parlamento de Galicia cos futuros usos do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
O pleno non pecha a porta a que o Provincial acolla unha residencia de maiores
Por Alejandro Espiño |
-
Os cidadáns poden participar no deseño do proxecto do Hospital de Montecelo
Por Redacción |
-
A nova vida do Provincial despois do Gran Montecelo: rehabilitación con derruba de partes engadidas nos 70
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
José Ramón Gómez asume o "ilusionante reto" de dirixir o CHOP apelando ao "diálogo" co personal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os traballos de construción do Gran Montecelo comezarán no ano 2019
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
A Marea Branca cre que se manipulan os datos das listaxes de espera nos hospitais de Pontevedra
Por Anxo Lourido |