27 empresas optan ás obras de seguridade viaria e acceso a Vila de Arriba
Por Redacción
As obras de reforma no acceso ao lugar de Vila de Arriba, en Santa María de Sacos, están máis preto de converterse en realidade.
O Concello de Cerdedo-Cotobade pechou a fase de recepción de propostas do proceso de licitación para a mellora da seguridade viaria e de acceso a Vila de Arriba.
En total presentáronse 27 ofertas, que agora será avaliadas para proceder á licitación da obra.
Esta acuación está orzada en 192.000 euros, dos que 156.000 destinaríanse ás obras e o resto a melloras como a canalización de augas, a eliminación das beiravías fronte á igrexa, a instalación de cobrecolectores, muros de contención ou á instalación de tres reductores de velocidade que melloren a seguridade viaria da zona.
O obxectivo é corrixir o perigo do trazado da estrada, que en varios puntos estréitase provocando problemas de circulación aos veciños, mellorando o paso nas curvas máis pronunciadas e favorecendo o paso de coches en dobre sentido.