Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción
Os participantes no curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais que se está impartiendo en Marín enfrontáronse este venres ás probas físicas na praia de Mogor.
Fixérono no medio dunha temperatura case estival, compartindo o areal con paseantes e ata algún bañista disposto a gozar da boa climatoloxía.
Un total de 15 persoas participan neste curso, que se vén desenvolvendo desde o 20 de febreiro e prolongarase ata o próximo 30 de maio.
Ademais de na praia de Mogor, as probas compaxínanse coas que se veñen celebrando na piscina da Escola Naval Militar e o adestramento físico no pavillón da Raña.
O alumnado recibirá unha formación en natación (120 horas), prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (60 horas), rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais (120 horas), primeiros auxilios (40 horas) e prácticas non laborais (80 horas) que servirán aos que o superen para obter o certificado para exercer como socorristas profesionais.
Relacionadas:
-
Marín contratará 24 persoas para vixiar as súas praias no verán
Por Redacción |
-
Marín terá desfibriladores nas súas praias
Por Redacción |
-
A Federación de Salvamento formará a socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Os alumnos do curso de socorrismo continúan a súa formación en Marín e Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
O PP reclama á Deputación colaboración cos concellos na contratación de socorristas para as praias
Por Redacción |
-
Salvar vidas, a nova materia do CEIP Carballal
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
As praias de Marín prepáranse para o sol de primavera
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |
-
Marín e Bueu estudan coordinar os seus socorristas con Moaña e Cangas
Por Redacción |