Un bo chorreo para as beirarrúas de Ponte Caldelas
Por Redacción
Nestes días deu comezo un zafarrancho de limpeza das beirarrúas do centro urbano de Ponte Caldelas con auga a presión e deterxentes biodegradables. Este traballo durará un mes completo.
Unha brigada de tres operarios, dotada con dúas limpadoras a presión conectadas ao camión motobomba para o subministro do líquido, é a encargada da extensa tarefa.
As beirarrúas ennegrecidas polo paso do tempo quedan completamente limpas ao paso da brigada, que avanza con lentitude para retirar a sucidade incrustada.
Hai poucos meses aprobouse unha ordenanza de limpeza que, entre outras cousas, establece sancións aos que tiren desperdicios, non recollan os excrementos dos cans ou non corten a broza das súas fincas.
De momento esta ordenanza non se está a aplicar.