Tráfico intensifica os controis sobre o uso do cinto e os sistemas de retención infantil
Por Redacción
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha o vindeiro luns día 13 unha campaña intensiva para controlar o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil.
Durante unha semana, ata o domingo día 19 incluído, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Comprobarán, de igual modo, que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.
Sempre que sexa posible, tanto nas pantallas alfanuméricas dos vehículos dos axentes como nos paneis de sinalización variable, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.
No caso dos sistemas de retención infantil, a DXT lembra que un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Nove de cada dez lesiones infantís graves ou mortais evitáronse se se utilizaron estes sitemas. Neste sentido, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Viaria 2011-2020 é lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla.
Na campaña específica de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil desenvolvida desde o 14 ata o 20 de marzo de 2016, en Galicia controláronse 52.094 persoas e formuláronse 295 denuncias.