Os socialistas preguntan á Xunta se a menor inversión de Ence en Lourizán repercutirá na súa concesión
Por Redacción
Tras coñecer que Ence reducirá o seu investimento en Pontevedra dos 173 millóns previstos aos 124 que comunicou á CNMV, os socialistas preguntarán á Xunta se este "cambio de plans" da empresa pasteira terá "repercusións" na prórroga concedida polo Goberno para a súa permanencia en Lourizán.
A deputada Patricia Vilán rexistrou varias preguntas para cuestionar ao goberno galego sobre este asunto, xa que lembra que a "prórroga salvaxe" que recibiu Ence, por parte dun Goberno en funcións e coa "complicidade" do executivo de Núñez Feijóo, estaba "xustificada" por uns supostos investimentos na cidade.
Así, aos 49 millóns menos de investimentos na fábrica de Pontevedra, Vilán engade o atraso da planta de biomasa, ao optar a empresa por priorizar a de Huelva, cuxa construción está cifrada en 74 millóns de euros.
"Parece que non lles dá tempo pero iso non llo contaron ao Goberno cando pediron e xustificaron unha prórroga que xa teñen na man para sesenta anos máis", apunta a deputada do PSdeG-PSOE.
Ademais, os socialistas esixen coñecer se o goberno galego coñece os motivos desta decisión da empresa pasteira e, se é así, "con canto tempo de antelación" comunicoulle Ence á Xunta este cambio no seu plan estratéxico.
Relacionadas:
-
O PSOE denuncia no Parlamento que o emisario submarino de verquidos de Ence incumpre a lexislación vixente
Por Redacción |
-
Ence garante "con rotundidade" que construirá unha planta de biomasa en Lourizán
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Antón Masa: "Ence vai gañar máis e vai contaminar máis e ese é o seu compromiso para Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Ence "tomou o pelo descaradamente" ao PP, segundo o Concello, con "promesas falsas"
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda vincula o cambio de plans de Ence coas "dificultades" que atopa no Concello
Por Alejandro Espiño |