Arancha Rodríguez, a rapaza pontevedresa máis televisiva
Por Redacción
Defínese como actriz, cantante e bailarina. Ten 16 anos e chámase Arancha Rodríguez. Esta pontevedresa, veciña de Monte Porreiro, chamou a atención tras a súa participación onte á noite en Tú si que vales de Telecinco. Interpretou o seu primeiro tema atenazada polos nervios e o resultado non foi o esperado.
O temido Risto Mejide dirixiuse a ela para dicilo "cuando te vi en el casting me gustó ver que eras una niña que cantabas como una niña y hoy has venido a cantar como una mujer". E a continuación invitouno a que cantase o tema Tomorrow do musical Annie, o mesmo que interpretara no casting para o programa. A actuación resultou impresionante. E as reaccións en twitter foron inmediatas:
Enhorabuena @arancharguezg por el exito en #TSQV, muy contento de que alguien de Pontevedra se haya ganado la aprobación de un gran jurado.
Monsieur MenteFria (@Torvg11) 10 de marzo de 2013
@arancharguezg elevando a Pontevedra a donde se merece !
Mr. Martínez (@PablitoMtnez) 10 de marzo de 2013
Está chica dejando Pontevedra en lo más alto. #TSQV6
Josi Romero (@JosiRomeri) 10 de marzo de 2013
Tras a súa segunda intervención, Risto dixo simplemente: "A mi me encantó". Arancha comentou que "la otra forma era como un reto que me propuse" e o polémico integrante do xurado interrompeuna indicándoo "pero cada reto a su tiempo. Eres niña, disfruta de ello".
O resto de membros do xurado cualificárona de talentosa. E Arancha rompeu a chorar emocionada: "Lloro de alegría por la segunda y de rabia por la primera".
No momento da votación, o xurado popular castigouna pola súa mala actuación inicial na que mesmo desafinara. Non obstante, o xurado profesional do programa deulle unha segunda oportunidade. Emprazouna ao final do programa para que fora o voto do público o que decidira se pasaba á final, pero non o conseguiu.
Arancha xa participara cando contaba con 11 anos no programa Tienes talento na canle Cuatro. Naquela experiencia conseguira acceder á final despois de ser unha das concursantes máis votadas polo público. Por aquel entón, xa intentara acceder a Tú sí que vales pero non superara unha das probas previas.
Agora, a pequena Arancha Rodríguez ameaza con converterse na nena máis famosa das nosas pantallas.