Investigan a aparición da furgoneta dun vendedor ambulante calcinada en Cuntis
Por Redacción
Uns particulares alertaron este xoves á agrupación de Protección Civil de Cuntis do incendio dunha furgoneta nun monte da parroquia de Troáns.
Cando os efectivos chegaron ao lugar o vehículo estaba xa totalmente calcinado.
A furgoneta fora roubada a un vendedor ambulante este mércores en Caldas de Reis. No momento do roubo o vehículo estaba cheo de mercadoría.
Axentes da Policía Local e da Garda Civil iniciaron unha investigación para esclarecer os feitos e deter aos responsables.