Os nenos de Poio reforzan a súa educación viaria da man da Policía Local
Por Redacción
Unha intensa campaña da Policía Local de Poio levará a todos os colexios do municipio unha serie de actividades para mellorar a educación viaria dos rapaces. Así, os destinatarios serán os escolares de quinto de Primaria e, nunha segunda fase, os alumnos de Secundaria. Tamén haberá sesións informativas para a terceira idade.
Segundo explica a Policía Local, haberá unha primeira sesión teórica nas aulas de cada centro de ensino do Concello, impartida por axentes do corpo, e unha segunda sesión de prácticas no Parque de Educación viaria, na explanada da Seca, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Por esta actividade pasarán un total de 250 nenos de entre 9 e 10 anos.
Nas aulas, os axentes da Policía Local explicarán o plan de formación peóns responsables, condutor de bicicleta, ocupante en turismo e autobús escolar, entre outros aspectos. De este xeito, o corpo busca contribuír á formación de cidadáns responsables e solidarios.
Despois de ter recibido estas nocións básicas nas aulas, de forma programada todos os alumnos realizarán prácticas de peón e condutor de bicicletas e karts, para reforzar o aprendido nas sesións teóricas.
O obxectivo desta iniciativa busca educar os rapaces para un axeitado emprego do entorno viario, potenciar os bos hábitos de seguridade viaria, aprender prácticas seguras, coñecer os sinais e as normas de circulación ou achegar a importancia dunha conducta responsable como usuarios do transporte escolar.
A campaña comeza este xoves 9 de marzo. As sesións teóricas nas aulas estenderanse ata o próximo día 14 nos seis centros de ensino do concello. Entre os días 15 e 21 realizaranse as prácticas na explanada da Seca.
Relacionadas:
-
Masa Crítica, indignada ante a prohibición de circular en bicicleta pola Senda da Ostreira en Poio
Por Redacción |
-
VIDEO: "Des-pa-ci-to" soa na Seca e hoxe non hai verbena
Por Oskar Viéitez |
-
Furgonetas e camións, baixo vixilancia en Poio
Por Redacción |
-
Unha campaña vixiará que as furgonetas de venda ambulante trasladen os produtos frescos en condicións
Por Natalia Puga |
-
Antonio Duarte, nova cara da Policía Local: "prestaremos atención preferente aos veciños e seguridade viaria"
Por Natalia Puga |