#YoParo #nosotrasparamos #womenstrike #MulleresEnFolga
Por Mónica Patxot
Este mércores día 8, de 12.00 a 14.00 horas, o Colectivo Feminista de Pontevedra concentrouse na Praza da Peregrina en Pontevedra.
Este paro estaba convocado xa en paises coma Alemaña, Australia, Brasil, Chile, Corea do Sur, Costa Rica, Ecuador, Escocia, España, Honduras, Irlanda, Irlanda do Norte, Israel, Italia, México, Nicaragua, Perú, Polonia, Rusia, Salvador, Suecia, Turquía e Uruguai.
Co lema #YoParo #nosotrasparamos #womenstrike #8MParo ou #mujeresenhuelga #MulleresEnFolga organizacións de 50 países programaron estes paros e convocaron a manifestarse, con especial forza en América Latina.
O próximo sábado día 11, ás 18:00 horas, na Praza da Peregrina, realizarán a performance "Estoupemos o conto". Baixo o seu lema "Unidas, diversas e combativas", será unha acción reivindicativa, pacífica e divertida, na que animan a participar a toda a cidadanía por unha sociedade máis xusta e igualitaria.