Co paso do tempo, e ir facendo máis sinxela a supervivencia foise descompensando o sentido da cooperación entre mulleres e homes? impúxose a competición, a confrontación?.
É un punto de partida desde o que María González, vai repasando eses roles da muller e do home desde a Prehistoria ata a actualidade. Non sen antes, pasar polas felicitacións e ese "dar as grazas" do que falou en anteriores programas de PontevedraViva Radio.
Neste Dale la vuelta sumámonos á conmemoración do Día Internacional da Muller, e reivindicamos unha conclusión: todos cumprimos unha función; todos somos necesitarios, e necesitámonos: homes e mulleres.
Aínda hai camiño por diante, e no caso da muller, aínda pendente deixar atrás ese software de sometemento ao home. Antes de concluír María González déixanos varias recomendacións bibliográficas como os títulos publicados por Casilda Rodrigáñez; "Hilando fino" de María Fuentes; "Mujeres que corren con lobos" de Clarissa Pinkola, ou "Cuerpo de mujer, sabiduría de mujer" de Christiane Northrup.