"Mañá non haberá nada máis importante que a muller"
"Mañá toca falar da muller", declaraba este martes 7 a presidenta da Deputación, Carmela Silva, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller este vindeiro 8 de marzo.
O tema deste 2017 polo Día Internacional da Muller é ‘As mulleres nun mundo laboral en transformación: hacia un planeta 50-50 en 2030'.
"A igualdade é un dos pilares centrais do noso Goberno", fixo hincapé a presidenta. Non é posible construir sociedades democráticas se non se basan na igualdade e no respeto mutuo. E recalcou, coas "mellores das humildades" segundo ela, a importante labor da Deputación desde que chegaron ao Goberno no ámbito de igualdade. Labor que moitos outros grupos políticos e administracións empezaron máis tarde a imitar, poñendo a igualdade como prioridade, apuntou.
A xornada de mañá comezará en Cuntis cunha acción de Mulleres en Acción: violencia zero. Nesta intervención a artista Nana realizará un mural mezclando as técnicas de graffiti e da arte urbano. A obra é unha crítica ao amor romántico, entendido desde o punto de vista dos contos de princesas, onde a muller xoga un rol de sumisión e desigualdade. Á volta de Cuntis as mulleres da Deputación sairán entre as 12.00h e 12.30h e reuniránse no hall da institución, onde unha funcionaria lerá un manifesto e se repartirán as chapas co hastag #NonEstamosTodas de cor morado, porque o morado "é a cor da muller. É a cor da igualdade", recalcaba a presidenta. A continuación soltaránse globos, tamén desta emblemática cor. Porque "as mulleres estamos fartas", segundo Carmela Silva, e por iso saen as rúas, para facerse oír e defender os seus dereitos.
A presidenta xantará en Vigo con mulleres deportistas, unhas das grandes invisibilizadas segundo ela, como se puido apreciar nestas pasadas Olimpiadas. E por último pecharase finalmente o acto en Lalín. Con isto, Carmela Silva aproveitaba para sinalar a presenza notable dos actos no conxunto da provincia.
Tamén agradeceu a todos os que deron o seu apoio hacia as accións que se realizan cada día en contra da desigualdade e a discriminación da muller. E dedicou tamén un momento para falar da importante actividade nas redes sociais, cada día máis crucial como forma de visibilización, tanto a nivel local, como global. Só cos hastags #CinemaeMuller #Conectadas #MulleresImparables, entre outros, conseguíronse máis de 500 mil visitas, unha cifra que amosa o impacto e o compromiso de milleiros de persoas.
ATAQUES DE CC.OO.
Ante a acusación de Comisións Obreiras, a través de José Ramón Piñeiro, de que a presidente usa as políticas de igualdade para a ‘súa promoción persoal’ soamente respondeu que "a ese señor non lle vou dar nin un segundo de protagonismo. Eu vou a seguir coa miña traxectoria. E non o fago para que ninguén me recoñeza. Aínda que hai algúns señores que pretenden facerse protagonistas. Mañá é o día das mulleres", concluíu.
Relacionadas:
-
Adxudican por 324.000 euros o programa de igualdade 'Conectadas' 2017
Por Redacción |
-
A actriz Casilda Alfaro reflexiona en Bueu sobre a violencia machista
Por Redacción |
-
O 8 de marzo reivindícase nos espazos e nos centros de traballo públicos
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras acusa a Carmela Silva de usar as políticas de igualdade para a súa "promoción persoal"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva visita as obras financiadas polo Plan Concellos en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva esixe "medidas drásticas" contra o "autobús do odio" de Hazte Oír
Por Alejandro Espiño |