Julia Otero e Carlos Herrera en Pontevedra: trece horas de radio en directo
Por Redacción
Herrera en la Onda e Julia en la Onda emitiranse este martes desde o Pazo de Mugartegui, en Pontevedra. Tanto o magacín de Carlos Herrera como o de Julia Otero, viaxan á capital do Lérez cos seus equipos para achegar os micrófonos de Onda Cero á celebración do 25 aniversario da Denominación de Orixe Rías Baixas. Serán en total trece horas de radio en directo.
Os dous espazos terán como invitados a representantes do Consello Regulador e tamén a personalidades da vida política da comunidade autónoma galega: Juan Gil e Ramón Huidobro, presidente e director xeral da DO Rías Baixas, respectivamente; o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, así como Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, que será entrevistado a partir das 11:30 horas en Herrera en la Onda.
A análise da actualidade na edición de Herrera en la Onda, logo de coñecer as claves informativas con Fernando ÿnega, correrá a cargo de Iñaki Ezquerra e dos xornalistas Pilar Cernuda e Javier Caraballo. Na segunda parte intervirán Alfonso Rodríguez, "El Cani", coas súas leccións de historia, e Josemi Rodríguez Sieiro, coas súas apuntes sobre a vida social.
Pola súa banda, Julia Otero viaxa á súa terra con boa parte do seu equipo en Julia en la Onda, ademais dos comentaristas José María Calleja, o xeneral Monzón e Javier Sádaba, entre outros.
Ademáis, toda a programación local de Onda Cero Pontevedra realizarase en directo desde o Pazo de Mugartegui. E cunha novidade. Tanto o magacín Pontevedra en la Onda, que presenta Susana Pedreira, como o informativo local con Juan de Sola, emitiranse a nivel provincial. O operativo de Onda Cero en Pontevedra complétase co informativo rexional que conducirá de 19.00 a 20.00 horas, a xornalista Raquel Sánchez.
O Pazo de Mugartegui estará aberto ao público en xeral desde as 06.00 e ata as 20.00 horas. O aforo é limitado, e irase cubrindo segundo disponibilidade e chegada.