Un conductor sen discapacidade, sorprendido aparcando cun cartón caducado en 2009
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra volveu a sorprender a un condutor que facía un uso fraudulento do cartón que habilita ás persoas con mobilidade reducida para aparcar nas zonas reservadas para eles. Trátase dun home de 56 anos, que utilizaba un destes permisos xa caducado desde 2009.
Aos axentes, informan desde a propia Policía Local, chamoulles a atención un vehículo que estacionaba con certa frecuencia en Eduardo Pondal e que, a pesar de facer uso destas prazas reservadas, no seu cadro de mandos estaba colocada un cartón nun lugar pouco visible.
Ademais, o seu condutor non aparentaba ter ningún problema de mobilidade.
Durante varios días, os axentes comprobaron o patrón de conduta desta persoa. Se atopaba sitio para deixar o coche nun estacionamento libre, aparcábao alí e ocultaba o cartón. Se non, usaba as prazas reservadas para persoas con discapacidade e volvía colocar o cartón no cadro de mandos do vehículo.
Tras comprobar a expedición do devandito permiso, a Policía Local comprobou que o cartón non estaba en vigor desde 2009 e que, ademais, existía un requirimento das autoridades para que fora devolta.
Unha vez demostrado que o cartón non tiña validez, os axentes efectuaron a correspondente denuncia administrativa por infracción de tráfico e requisaron este permiso.
A Policía Local lembra que realiza un seguimento especial e continuado no tempo de uso dos estacionamentos reservados a vehículos de persoas con mobilidade reducida.
As denuncias por estacionamento non autorizado nestas prazas representan o 1,32% do total das denuncias tramitadas. Foron 168 das 12.656 emitidas en 2016. No últimos cinco anos, este tipo de denuncias descenderon un 57,89%. En 2011, foron sancionados 399 condutores por este motivo.
Relacionadas:
-
'Cazan' unha moza sen problemas de mobilidade aparcando en prazas de discapacitados para ir o ximnasio
Por Redacción |
-
Finxe unha coxeira ao ser sorprendido pola Policía usando fraudulentamente un cartón para persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian o uso das prazas para discapacitados como aparcadoiros de carga e descarga
Por Redacción |
-
Denunciado por aparcar nunha praza reservada para discapacitados usando a copia dun cartón que atopou nun coche
Por Natalia Puga |
-
Pillada unha veciña que usaba fraudulentamente unha tarxeta de discapacitado para aparcar
Por Redacción |