Os socialistas piden a implicación da Deputación para construír un campo de fútbol en Salcedo
Por Oskar Viéitez
O portavoz municipal do PSOE no Concello de Pontevedra, Tino Fernández, quere que a Deputación se implique no proxecto de construción dun campo de fútbol na parroquia de Salcedo.
Considera que a idea de utilizar as instalacións do Casal para a construción dun campo de herba sintética "non é a mellor das solucións" e lembra que no mandato pasado barallouse a idea de facer o campo nuns terreos propiedade da Deputación situados no lugar do Cruceiro, a escasos 300 metros do novo centro sociocultural.
Esta idea non chegou a saír adiante pola negativa da Deputación presidida naquel momento por Rafael Louzan.
"O sitio é inmellorable, en pleno centro da parroquia, preto dos dous colexios, do pavillón e do centro sociocultural. É unha posibilidade que convén retomar e estudar", indicou Tino Fernández
Os socialistas están convencidos que co novo goberno provincial "se pode dialogar e chegar a un acordo que remova os atrancos".
Nunha moción que presentarán ao vindeiro pleno municipal, o PSOE propón negociar coa Deputación a cesión dos terreos para construción do novo campo de fútbol e tamén a sinatura dun convenio para que a institución provincial colabore economicamente.
"A ver se lle sacamos algún rendemento ao señor Mosquera", ironizou Tino Fernández.
Relacionadas:
-
Sen acordo aínda para aprobar un novo regulamento do pleno
Por Alejandro Espiño |
-
A comunidade de montes de Lourizán rexeita ceder os terreos para construír o campo de fútbol
Por Redacción |
-
O Casal acollerá o campo de herba sintética que compartirán Salcedo e Lourizán
Por Redacción |
-
Principio de acordo para reubicar no Casal o campo de fútbol de Salcedo-Lourizán
Por Redacción |