Carmela Silva visita as obras financiadas polo Plan Concellos en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey, pola deputada provincial de Cohesión Social, Digna Rivas, e por membros do goberno municipal, visitou este xoves en Caldas algunhas das actuacións desenvolvidas na vila no marco do Plan Concellos 2016.
Entre elas atópanse o campo de fútbol As Corticeiras, a renovación da rúa Juan Fuentes Echevarría e a construción de pozas na finca A Tafona, ás que a institución provincial achegou 470.000 euros.
Outras achegas destacadas foron: 105.000 euros para renovar a rúa Loureiros, os preto de 70.000 euros para a creación de oito postos de traballo, os 105.000 euros destinados a que catro bolseiros puidesen realizar a súa primeira práctica laboral no concello e sete en empresas, os 74.000 achegados para a mellora da mobilidade no municipio, os 51.000 para o servizo de axuda no fogar de Caldas ou os 10.500 euros dirixidos ó fomento da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista.
En total, no 2016 o Plan Concellos destinou a Caldas 600.000 euros. Para este ano, o investimento chegará a case 700.000 euros
SERVIZO DO ORAL
A presidenta da Deputación tamén visitou a oficina de Caldas de Reis do Servizo de Xestión Tributaria e Catastral, ORAL, na que xestiónanse os tributos de Caldas, e tamén de Campo Lameiro, Catoira, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga, e que o pasado ano recadou case 8,3 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Caldas recibe axudas da Deputación para obras no parque infantil e no xardín botánico
Por Redacción |
-
A finca de Segade busca ser "referente" no turismo industrial da provincia
Por Redacción |
-
Campo Lameiro e Moraña incluídos, por primeira vez, no plan de cofinanciamento de servizos comunitarios básicos
Por Redacción |
-
"Mañá non haberá nada máis importante que a muller"
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Chegan cen novos contratos ao abeiro do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan fórmulas para mellorar a mobilidade peonil entre Portas e Caldas
Por Redacción |
-
Caldas recibirá preto de 700.000 euros do Plan Concellos
Por Redacción |