Tres adultos e unha nena de dous anos, feridos nun accidente en Vilaboa
Por Redacción
Tres adultos e unha nena de dous anos resultaron feridos esta tarde nun accidente de tráfico rexistrado en Vilaboa. Segundo se lle indicou ao 112, o vehículo no que circulaban quedou atravesado na vía.
O 112 Galicia explicou que o sinistro tivo lugar na estrada que vai a Acuña, á altura de Postemirón. Unha persoa particular alertou do ocorrido ás 15:30 horas desta tarde.
Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 avisouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Morrazo. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Ata o lugar do accidente mobilizouse unha ambulancia para asistir ás persoas feridas.