Os bombeiros evitan que se propague un lume iniciado na cociña da hamburguesería Orange
Por Anxo Lourido
Os bombeiros do parque de Pontevedra tiveron que acudir ao redor das 01.20 horas desta noite de entroido ata a hamburguesería-bocatería Orange situada na rúa Joaquín Costa. Un particular alertaba da presenza de fume que saía do interior do establecemento.
No interior da hamburguesería non se atopaba ninguén e os bombeiros tiveron que acceder pola parte de atrás do local. O lume iniciouse na cociña, segundo indicaron os Bombeiros, por causas aínda por determinar.
Inmediatamente lograron sufocar as lapas evitando que se propagasen polo resto do establecemento. O lume provocou moito fume no interior da bocatería. O piso superior atópase deshabitado polo que non foi necesario desaloxar a ningún residente deste inmoble.
Os axentes da Policía Local puxéronse en contacto co propietario do negocio, que se desprazou ata o lugar. Os bombeiros levaron a cabo as tarefas de ventilación. Na mañá deste mércores, o local continuaba aireándose, sen actividade no interior e aínda se percibía o cheiro a queimado.
Relacionadas:
-
Detido un empregado dunha bocatería por roubar e provocar un incendio no local o martes de Entroido
Por Natalia Puga |
-
Investigan se unha persoa disfrazada provocou un incendio tras roubar na bocatería Orange
Por Natalia Puga |
-
Os bombeiros sufocan un incendio nunha cociña dunha panadería en Juan Carlos I
Por Redacción |
-
Evacúan unha pontevedresa tras incendiarse e alagarse a cociña do seu piso
Por Diego Torrado |