CIG celebra o Día da Clase Obreira Galega reclamando "salvar os convenios colectivos"
Por Diego Espiño
CIG protagonizou este día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha manifestación en solitario en Pontevedra contra os recortes do Goberno.
Nesta ocasión, non obstante, o sindicato nacionalista quixo centrar o foco na negociación colectiva, como sinala o responsable de CIG-Metal Marcos Conde, "levamos xa catro anos sufrindo medida tras medida e recorte tras recorte en tódolos sentidos, tanto social como laboral. Tasas, recortes en sanidade ou educación e a última a reforma da negociación colectiva que é o estoque que quere acabar coas relacións laborais que funcionaban dende que entrou a democracia".
Para Conde, aínda que a participación nas mobilizacións poida descender nalgunhas ocasións, o descontento da cidadanía segue estando patente, "pode haber menos concurrencia porque non podemos esuqecer que hai ameaza de alerta laranxa, pero a xente é coñecedora do que nos xogamos neste momentos".