Os bombeiros sufocan un incendio nunha cociña dunha panadería en Juan Carlos I
Por Redacción
Dúas unidades móbiles do parque de Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir nun incendio que se rexistraba ao redor das 10.20 horas da mañá deste sábado 25 de febreiro na panadería-cafetería Acuña situada entre a avenida Juan Carlos I e San Amaro.
Segundo a información facilitada polo propio servizo de Bombeiros, o incendio que se orixinaba na campá extractora da cociña do establecemento por causas aínda por determinar. Foi necesaria a ventilación do local debido ao po orixinado durante os labores de extinción.
A alarma iniciouse ante a presenza de fume que procedía da cociña da panadería-cafetería. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e os bombeiros de Pontevedra.
A presenza dos bombeiros alertou aos veciños da contorna, sen que se produciran incidencias de maior relevancia.