Ponte Caldelas pagou os provedores en 2016 cunha demora de apenas 24 días
Por Redacción
En tan só 24 días de media, é dicir, seis días menos do máximo legal pagou o Concello de Ponte Caldelas os seus provedores durante o pasado ano 2016. Así o desvelou este venres o goberno municipal ao facer público o informe do pagamento de facturas.
Ponte Caldelas é un dos concellos galegos que vén cumprindo con esta normativa, se ben, destacan que isto é así despois do cambio de goberno.
Así, os datos acumulados de 2015 e 2016 demostran que o Concello pagou con adianto durante os dous primeiros trimestres de 2015 e mantivo esta tendencia durante todo o 2016.
Conseguiu rebaixar o prazo de 30 días no primeiro trimestre (-1,6 días), no segundo (-3,14 días), no terceiro (-11,91 días) e, finalmente, no cuarto, no que entra o maior volume de facturas do ano, con 6,46 días de marxe.
O goberno local tripartito considera que estas cifras demostran a seriedade na xestión económica do actual equipo. Un compromiso que tamén se manifesta moi claramente na redución da débeda municipal, herdada nun millón de euros e que quedará ao remate deste ano en 588.000 euros, é dicir, moi preto xa da metade.
"Creo que podemos estar satisfeitos do cambio que trouxemos ao Concello, pero temos que estar moi atentos para poder seguir ofrecendo estes datos", afirmou o alcalde, Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
Redución da débeda e baixada dos impostos, eixos dos orzamentos 2017 de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas presenta uns orzamentos "sociais" que o PP critica pola súa "parálise"
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas prevé reducir a súa débeda en 2017 ata os 588.000 euros
Por Redacción |