Os populares de Ponte Caldelas critican ao concello por malgastar e perder o tempo
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Ponte Caldelas critica que a mala xestión do alcalde, Andrés Díaz do proxecto de mellora da estrada PO-234, vai custar 40.000 euros aos veciños e un ano de atraso na obra.
Os populares celebran que "por fin" o Concello de Ponte Caldelas vaia a poñer a disposición os terreos para a mellora desta estrada, aínda que lamenta que "pola incompetencia de Andrés Díaz" non se conseguiron as cesións gratuítas dos terreos coma se conseguiu o Concello de Cerdedo-Cotobade.
"É moi fácil malgastar 40.000 euros dos veciños de Ponte Caldelas para expropiar os terreos, pero un alcalde competente tentaría conseguir as cesións dos terreos dos veciños como fixo Jorge Cubela no seu tramo ou no seu día Perfecto Rodríguez para a construcción das beirarrúas de Cuñas", afirmou Ricardo Castro portavoz popular.
Ademais destes 40.000 euros, que poden verse aumentados coa retasación do xustiprecio, o tramo de Ponte Caldelas atrasásese un ano para poder levar a cabo as expropiacións co tramite que estas levan: publicación no DOGA, exposición pública, alegacións e reclamacións ao xurado de expropiación. Mentres que o tramo de Cotobade pode comezar inmediatamente xa que o alcalde de Cerdedo-Cotobade conseguiu as cesións de todos os terreos do seu municipio.
Ricardo Castro declarou que "Andrés Díaz estivo un ano mareando a perdiz con escusas, dicindo que as cesións son ilegais, que non localizaba aos propietarios, etc. O certo é que o Alcalde de Ponte Caldelas non fixo o seu traballo, porque nos consta de propietarios, veciños de Laxoso e de Ponte Caldelas, aos que nin se dirixiu pedindo a cesión dos terreos".
"Andrés Díaz debería deixarse de tantos shows mediáticos e traballar para solucionar os problemas dos veciños, o certo é, como o mesmo admite, que é o primeiro alcalde de Galicia que ten que pagar unha expropiación para unha obra porque non consegue a cesión dos terreos, o cal demostra ou que é un incompetente ou que traballa moi pouco", concluíu o portavoz do PP en Ponte Caldelas, Ricardo Castro.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas achega 40.000 euros á Xunta para desbloquear as obras da estrada PO-234
Por Redacción |
-
Laxoso e Augasantas dan o seu visto bo ao acordo para reformar a PO-234
Por Redacción |
-
O goberno local de Ponte Caldelas dará conta aos veciños do acordo coa Xunta na PO-234
Por Oskar Viéitez |
-
A PO-234, en obras o próximo verán polo tramo de Cotobade; Ponte Caldelas terá que esperar
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Ponte Caldelas esixe á Xunta que comece xa as obras da PO-234
Por Redacción |