Canda comprométese a asfaltar o aparcadoiro do centro de saúde na parroquia da Lama
Por Redacción
O alcalde Jorge Canda prometeu aos veciños da parroquia da Lama o acondicionamento da zona habilitada como aparcadoiro no centro de saúde e do centro multiusos municipal atendendo a unha demanda veciñal.
Está previsto que se asfalte integralmente e que se melloren as condicións para que poida ser utilizado con normalidade polos condutores.
Así o manifestou na Casa do Pobo da Lama durante a reunión que mantivo cos veciños desta parroquia acompañado polos concelleiros José Sobral e Emilio Canda. Ademais indicou que se ampliará o acceso a Ladeira cunha intervención inmediata.
Os veciños tamén lle reclamaron a mellora do viario que dá acceso ao grupo de casas situado en Brexiña.
Canda comprometeuse a resolver esta situación cunha intervención que repare o firme e tamén intentará acometer o ensanche nas partes que sexa preciso.